Friday 03 de May de 2024

A Deputación levará ao pleno de febreiro o proxecto de reforma da estrada DP-0402 de Ares a ChanteiroI fase


Unha vez aprobado definitivamente, se poderá iniciar o proceso de expropiación pola vía de urxente ocupación

A Deputación da Coruña aprobará no pleno provincial do mes de febreiro a primeira fase do proxecto de reforma da estrada DP-0402 Ares-Chanteiro.

Este é o primeiro paso para poder iniciar o proceso de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación co levantamento de actas previas. Este proceso se realizará pola vía de urxente ocupación.

Nesta primeira fase se investirán 1.212.735,62 euros e se actuará sobre 3,6 quilómetros, ao longo dos cales se construirá un andén peonil e se ampliará a estrada.

Súmase así aos traballos de reparación e reforzo do firme que xa levou a cabo a Deputación da Coruña nesta estrada no ano 2013 e cuxo orzamento de licitación superou os 355.000 euros.

Deste xeito a Deputación da Coruña pretende responder ás demandas veciñais.